Voltamos ó Parlamento

O 8 de abril un grupo de Eventuais de Enfermería formada por representantes de diversas Áreas como A Coruña, Pontevedra, Lugo, Monforte e O Salnés reuníronse no Parlamento de Galicia con diferentes Grupos Parlamentarios (PSdG, En Marea, BNG).

Nesta ocasión, xa formalizados como “Enfermeiras Eventuais en Loita” voltamos o 12 de xunio ó Parlamento, nesta ocasión convidados polo PSdG para escoitar o debate da Iniciativa “Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación coa situación laboral do persoal e o nivel de eventualidade no Sergas”.

Esta Iniciativa Parlamentaria foi un compromiso, tras a primeira reunión, do Grupo Parlamentario del PSdG, encabezado por Julio Torrado Quintela e agora nos agradecemos a predisposición para a mesma, así como volvemos a instar a todos os Grupos Parlamentarios para que poidan apoiar as nosas reivindicacións e éstas poidan chegar a bo porto en aras do beneficio da enfermaría e da sanidade pública galega.

Dende aquí queremos volver a dar as grazas a todos os Grupos Parlamentarios por contar con nos e sobre todo por defender á sanidade pública galega, un valor polo que temos que apostar con total firmeza.

One thought on “Voltamos ó Parlamento

  1. Mas que naaa por si algún día me toca que estéis alguno de guardia y me da un achaque …. casi que os prefiero felices y despiertos, y no cabreados, indignados y medio sopa por doblar turno o estar haciendo la labor de tres sin mas medios que vuestra sonrisa y la dosis triple de cafeína.
    AHORA mas en serio…. ya va siendo hora de que “los demás” nos impliquemos en vuestra lucha, en nuestra lucha, porque si les dejamos seguir con sus políticas de recortes y externalizaciones al final dejaran la sanidad en manos de Florentinos Ilustrados y eso debería darnos miedito a toooos..
    GRACIÑAS POR VUESTRA LABOR.

Deixar unha resposta