O movemento «Enfermeiras Eventuais en Loita» xorde a principios do ano 2019 a partires dun grupo de compañeiras da Área de Pontevedra. Tras varios anos expoñendo os problemas que a nosa condición de eventuais nos reportaba, unímonos ca fin de dar a coñecer unha realidade laboral que está a afectar de xeito cada vez máis negativo as nosas vidas, como profesionais e tamén coma usuarias do sistema sanitario.
Decidimos levar adiante entón, a iniciativa #OPENegra o día 12 de Maio. Da procura de apoios para a mesma, resultou a integración neste movemento de compañeiros e compañeiras de diversas Áreas galegas restantes coma A Coruña (AENSAC), Lugo, Monforte, Sarria e moitos máis.
«Enfermeiras Eventuais en Loita» é un movemento libre, por tanto non se adhire a ningunha ideoloxía política ou sindical. A súa función é buscar o beneficio do colectivo, polo que entende que debe estar aberto á comunicación con todos sen excepción.
¿Cales son os nosos obxectivos?
Os nosos obxetivos son sinxelos, mellorar as condicións laborais do sector eventual da enfermaría pública galega e mellorar, en consecuencia, a calidade do mesmo e que a saúde dos galegos e galegas acade o nivel que todos e todas nos merecemos. As ‘Enfermeiras Eventuais en Loita’ somos nós, es ti, son os doentes, os nosos compañeiros, as nosas familias. Somos todos.
¿E porqué Enfermeiras e non Enfermeiros?
Máis do noventa por cento dos profesionais de enfermaría son mulleres. Os homes nesta profesión son minoría e moitos deles incluso autodefinense como enfermeiras. Por iso e co consenso da parte masculina dos que iniciamos o movemento, decidimos desta forma expresar o orgullo feminino da profesión definindonos coma Enfermeiras Eventuais en Loita.
¿E só Enfermeiras?
O movemento foi creado por Enfermeiras pero somos conscientes da inestabilidade que viven o resto dos colectivos da Sanidade Pública de Galicia, polo que ademáis de apoiar ó resto de colectivos nas suas reivindicacións, tamén pensamos de que temos moito en común e que xuntos seremos máis fortes.