Transparencia e previsión no proceso de ofertas de longa duración, un camiño pendente dende as Direccións de Enfermaria

Ante a necesidade dunha maior transparencia e previsión no proceso de ofertas a longo prazo nas diferentes Áreas Sanitarias do SERGAS, o noso colectivo reclama ás Direccións de Enfermaría que adopten medidas que garantan a equidade e a claridade neste procedemento. Por iso demandamos a elaboración e difusión dunha relación detallada que desagregue as unidades, centros de saúde ou PAC ofertados, especificando a súa tipoloxía (prácticas, adscrición, situacións especiais) e as súas correspondentes quendas e que esta lista se facilite coa suficiente antelacion para que os candidatos poidan tomar decisións informadas e non baixo a presión dunha chamada telefónica.

Somos conscientes de que hai Áreas Sanitarias que si publican estas listas con antelación, pero isto non ocorre por igual en todas. Por iso as Direccións de Enfermaría deben entender que a falta de transparencia e previsión neste proceso non só xera incerteza entre o persoal de enfermaría, senón que dificulta a conciliación da vida laboral e persoal.

É fundamental que as decisións relacionadas coas longas duracións se tomen de forma transparente e planificada, se as Direccións de Enfermería queren priorizar o benestar das enfermeiras do SERGAS. Por todo o detallado, instamos ás Direccións de Enfermería e ao Departamento de Recursos Humanos a que adopten medidas inmediatas para implantar canto antes estes cambios e as longas duracións que se ofertan estean ao abeiro destas directrices e garantan así un proceso máis transparente.

Adxuntamos un documento en formato PDF para que, se o considerades, o presentedes no Rexistro A/A Servizos Centráis, Dirección de Enfermería e Departamento de Recursos Humanos. Deberán entregarse nominalmente e dous exemplares, un deles como xustificante de recepción.

Reclamación transparencia nas ofertas de longa duración

Deixar unha resposta