En termos contables a taxa de reposición de efectivos é o cociente que determina o número de funcionarios ou persoal estatutario de novo ingreso que se poden incorporar nunha administración pública en función das baixas que se produciron no ano anterior”.
Polo tanto se no ano anterior houbo equis baixas de efectivos (por xubilación, falecemento, etc), cunha taxa do 10% se cubriría só 10 de cada 100 baixas habidas nese ano.
Para o cómputo das prazas de novo ingreso teranse en conta os funcionarios ou persoal estatutario que reingresen dunha excedencia sen reserva de posto, pero non os funcionarios ou persoal estatutario que ascendan por promoción interna.
A Lei Xeral de Orzamentos do Estado (LPGE) regula, por unha banda, o volume da oferta de emprego público (OEP) para a incorporación de persoal permanente na Administración e o sector público mediante a taxa de reposición de efectivos (TRE); e por outro, a evolución das retribucións do persoal, determinando se aquelas experimentarán un incremento, unha redución ou unha conxelación, e en que medida o faran.
A taxa de reposición non atende ás necesidades de cada servizo público nin á saúde orzamentaria de cada concreta administración pública. O único obxectivo que ten é reducir o gasto público global en materia de persoal. Por este motivo as administracións que tiveron orzamento para levalo a cabo cubriron as necesidades do servizo mediante nomeamentos interinos ou contratación de persoal temporal, ás veces mesmo ampliando o número total de efectivos.
Con estas restricións aínda que debería diminuír o número de efectivos en maior medida, non foi así, porque durante estes últimos anos fomentouse a interinidade para sortear a prohibición de prover os postos de traballo de carácter permanente por procedementos legais. É dicir, cando a Administración non pode publicar ofertas de emprego, abusa da interinidade (por exceso de uso) porque está obrigada a prestar igualmente o servizo ao cidadán coma é no caso da sanidade pública.
Este persoal interino e temporal tamén computa como persoal ao servizo das Administracións Públicas. A maior porcentaxe de interinidade/temporalidade dáse nas Comunidades Autónomas, o ámbito Local e no sector Xustiza dentro da Administración Estatal.
Os contratos indefinidos representan unha proporción cada vez maior da creación de emprego, isto non foi suficiente para reducir a porcentaxe de traballadores con contratos temporais.
A taxa de temporalidade do sector das AAPP foi historicamente inferior á observada no sector privado (véxase gráfico 6), con carácter xeral, e no caso do sector da educación (cun 60 % de participación publica e un 40 % de participación privada) en particular. Con todo, no caso da sanidade e os servizos sociais (onde cerca do 50% do total dos traballadores son publicos), a taxa de temporalidade na parte privada situouse en 2016 no 25 %, mentres que na publica foi do 33 %.
No ano 2017 púxose en marcha o “procesos de estabilización do emprego temporal no sector público”: onde se establecen os sectores con taxa de reposición de hasta un máximo del 100 % entre os que se atopa SANIDADE, na que ademais da taxa de reposición autorizada (do 100% ou 50%) poderá dispoñer dunha taxa adicional para estabilización de emprego temporal que incluirá atao 90% das prazas que, estando dotadas presupuestariamente, estivesen ocupadas de forma temporal e ininterrompida polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2016. Tamén se establece que a taxa de cobertura temporal deberá situarse ao final do período por baixo do 8%
CRONOLOXÍA DA TAXA DE REPOSICIÓN
Os presupostos xerais do estado para o ano 2022 incluen unha reposición do 110%, como taxa xeral e o 120% para sectores prioritarios (sanidade, educacións, ciencia…) e do 125% para as forzas e corpos de seguridade do estado, policías autonómicas e locais.
CONCLUSIÓN
Dende o ano 2010 o número de funcionarios ou persoal estatutario na CCAA de Galicia non foi cuberto o 100% e son prazas que todavía están sen cubrir o que implica o aumento da temporalidade como así o indica a diminución de funcionarios dependentes na administración publica en Galicia e o aumento da temporalidade dentro dos distintos sectores.
Na sanidade como reflexa o último informe do Consello de Contas, os índices de temporalidade continúan sendo altos, 44% en Atención especializada e 28% en primaria, observándose un incremento interanual
Ademáis o consello de contas revela que Galicia foi a cuarta autonomía que máis reduciu o persoal público entre 2009 e 2019, un 2.25%.
O informe de contas admite que existe unha excesiva prolongación da duración dos procesos selectivos de acceso ao emprego público e incide que a prolongación de situacións de temporalidade, dificulta o desenvolvemento dos concursos e o relevo xeracional. A data 31.12.2019 encontrábanse abertos procesos da OPE de 2015.
A solución pasa por suprimir a taxa de reposición facendo un estudo de necesidades reais dos persoais para manter os servizos públicos e unha oferta de emprego público que debe ser aprobada sen a taxa de reposición.
As prazas ofertadas dende a redución da mesma, non supuxeron a creación de ningún posto de traballo novo e tan só tivo o obxecto de cubrir un baixo tanto por cento das xubilacións do persoal sanitario. As necesidades asistenciais subiron neste tempo, así como o número de pacientes ao cargo do sistema de saúde, en cambio o persoal non aumentou, e polo tanto, a carga asistencial así como a calidade e a estabilidade laboral, víronse directamente prexudicados en aras dunha sanidade de calidade.O número de enfermeiras baixa e as necesidades da poboación soben.
Tras a petición das Enfermeiras Eventuais en Loita no Parlamento Europeo, a resposta da comisión está a investigar se existen medidas suficientes para evitar os abusos derivados do recurso sucesivo a contratos ou
relacións laborais temporais na Administración pública española, incluídas as medidas aplicables aos traballadores do sector sanitario.
A Comisión está a analizar as modificacións introducidas na lexislación española e seguirá de preto o futuro proceso lexislativo co fin de avaliar a conformidade das normas resultantes, incluídas outras posibles modificacións, coa Directiva 1999/70/CE3 do Consello e a xurisprudencia pertinente do Tribunal de Xustiza da Unión Europea.