Relativo á Comisión Central de contratacións do 22 de maio

Despois da comisión central de contratacións do 22 de maio o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita non pode máis que mostrar a súa disconformidade: 

  1. O Pacto de selección temporal está para obrigado cumprimento. Actualmente non se está a respetar o número de orden para chamamentos da lista de contratación.

    Facendo alago da súa opacidade o SERGAS fai prórrogas de contratos a listas paralelas as cales non son públicas. Coas prórrogas automáticas de contratos hai enfermeiras que non están traballando e ás que non se lles está ofrecendo contrato, a pesares de estar por diante nas listas de contratación dado que a súa baremación é superior, o que claramente consideramos unha inxustiza, por eso solicitamos que se respete a lista de contratación tendo en conta así os principios de igualdade, mérito e capacidade.

    Consideramos máis que necesario que o SERGAS, faga público de xeito claro e conciso o número de contratos que se asinaron durante a emerxencia sanitaria COVID, dado que algunhas persoas que traballaron en unidades COVID non teñen esa referencia no seu contrato. Aportando relación das unidades ás que foron asignados e diferenciados por categorías.
  1. As prórrogas de contratos COVID veñen dadas de presupostos estatais para o REFORZO das plantas adicadas o mesmo. Se o número de doentes COVID así como de plantas adicadas o mesmo disminue,desconfiamos que o SERGAS utilice estos contratos, asignados sen respetar a Baremación dunha lista pública e apostando por listas opacas,para a cobertura de baixas, vacacións ou días de libre disposición e non para reforzo en unidades COVID 
  1. Establecendo o SERGAS o período ordinario de desfrute de vacacións, volvemos atoparnos ante a falta de uniformidade no propio SERGAS, xa que cada área decide como se realizará a cobertura das mesmas e que tipos e que duración de contratos se realizarán.
  • Seguiremos coa precariedade laboral? 
  • Seguiremos asinando contratos de semanas, sabendo que é posible maior estabilidade? 
  • Con canta antelación se ofertarán os bloques vacacionais xa tendo os mesmos solicitados polas traballadoras con dereito a elas? 

    Precisamos transparencia, axilidade nos chamamentos, evitar erros de comunicación así como a oferta de todolos contratos xuntos, tanto primaria como hospitalaria, para o cal se debería de publicar de xeito oficial os contratos a ofertar como “Bloques de Vacacions” e ser coñecedoras as traballadoras dos postos que se están a cubrir.
  1. Ademáis de todo o anterior estamos traballando con unha lista de selección temporal SEN ACTUALIZAR. Dita lista ten un periodo de actualización Anual, o cal non se está a cumplir xa que a última actualización de méritos é do 31/10/2018.

    Ademáis contamos con unha oposición realizada fai un ano, a nota da cal non está actualizada no baremo.

Por todo isto solicitamos que se tomen en conta estas discrepancias e se tomen as medidas oportunas.

Deixar unha resposta