Pasa o día, pasará a romería

Hoxe 17 de maio está convocada unha derradeira homenaxe os sanitarios “pandemia style”. Estamos todos chamados a saír os nosos balcóns as 8 da tarde, como cada tardiña desde hai varias semanas, para aplaudir a labor de todas as persoas consideradas “traballadores esenciais”, aqueles que non puidieron apretar o botón de “pausa” na súa vida e tiveron que seguir saíndo a traballar, sen saber se o volver os seus fogares levarían de regalo con eles o famoso “becho”, o covid – 19.

Como parte do persoal homenaxeado, teño que admitir que os primeiros días tocou a miña fibra sensible ver milleiros de persoas acordándose de nos desde os seus fogares. Non podo dicir que a miña percepción sobre a consideración social que se ten da enfermería fose moi boa, ata hai pouco, comentarios como “so toman café toda a mañá” e “para iso lles pagamos o soldo” estaban a orde do día. Pero ¡eh!, non serei eu quen se queixe agora que as cousas parecían que estaban a mellorar. Mais nun xiro inesperado do guión digno do mellor taquillazo hollywoodiense, os heroes pasamos a ser os malos da película. Os valentes guerreiros que arriscaban a súa vida loitando contra un inimigo invisible, ataviados con armaduras cada vez máis parecidas os disfraces de entroido feitos na casa polos rapaces, eran agora os que propagaban o virus. Instábasenos, con moita amabilidade, eso si, mediante mensaxes anónimas, a que abandonásemos os nosos fogares, onde eramos unha ameaza, e que nos retirasemos a outros lugares, como apacibles ermitaños.

Non vou caer en populismos, obviamente estos casos foron unha minoría illada, pero non podo evitar pensar nesos compañeiros, metidos dentro dun EPI durante horas, desexando rematar para chegar a casa e atopar algo de paz dentro do caos emocional, atopando auténticas declaracións de guerra, pedíndolles un novo sacrificio. Como se non houberamos sacrificado bastante. Como se os profesionais falecidos e os más de 50000 contaxiados non houberan sacrificado suficiente. Porque si, é o nosotros traballo e págannos por él, pero eso non nos convirte en robots. É máis, creo que cando te convertes nun robot e fas o teu traballo de forma mecánica, sen poñerlle corazón, deberías plantearte a túa vida laboral. Porque un autómata pode funcionar dentro do cubículo dunha oficina, pero non dentro da habitación dun paciente enfermo e cunha familia que sofre ó seu arredor. Peor neste caso, unha familia que sofre e nin se quera pode estar cerca do seu ser querido.

Xa para rematar, que non quero que ninguén se despiste pola miña culpa e non chegue a tempo os aplausos das oito, gustaríame explicar porque eu non estarei aí aplaudindo. Porque me parece que unha vez está ben, como xesto simbólico. Pero os xestos non van cambiar en nada a situación cada vez máis crítica dunha sanidade na que unha vez que “pase o día, pasará a romería”. Logo da crise do covid, que esperemos que sexa o máis curta posible, volverán a pecharse camas nos veráns con excusas cada vez menos elaboradas, os eventuais seguiremos sendo simples números, panos de usar e tirar, os pacientes importarán cada vez menos, as listas de espera só serán armas para usar nos  debates electorais… por iso non sairei aplaudir. Non obstante, cando haxa unha manifestación a favor da sanidade pública, unha concentración para reivindicar os dereitos do persoal eventual, ou cando a xente esperte e empece a reclamar unha mellor sanidade mediante o voto, que é a nosa mellor arma… aí si estarei.

Porque os aplausos están moi ben se es unha folclórica enriba dun escenario, pero nos somos sanitarios, guerreiros contra o covid, contra os políticos que pretenden ningunearnos, contra os recortes na sanidade… e o que está claro e que aínda nos quedan moitas batallas que pelexar, pero somos eventuais, estamos feitos doutra pasta.

Firmado, unha compoñente das Enfermeiras eventuais en Loita.

Deixar unha resposta