Publicamos as nosas propostas

Dende o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita queremos expoñer as propostas a tomar, para que a Sanidade Pública Galega rexurda de novo. Unhas propostas totalmente extensibles á totalidade das categorías do Servizo Galego de Saúde, xa que a precariedade laboral non nos afecta tan só o colectivo das enfermeiras e o Pacto de selección temporal abrangue a todas as categorías.

É por iso que instamos ó resto dos colectivos da sanidade a facer destas propostas, as de todos os profesionais da sanidade pública galega e unirse co fin de rematar cunha precariedade laboral enquistada no sistema. É tempo de coidar a que te coida.

As podedes ter accesibles dende o menú da web na pestaña PROPOSTAS.

Deixar unha resposta