Nova proposta aos Sindicatos

No día de hoxe enviamos unha comunicación formal a todas as forzas sindicais ca proposta da creación de “Mesas de traballo extraordinarias para a mellora da situación laboral do persoal eventual”.

Tras reunirnos no mes de Setembro, como primeira toma de contacto e presentación  das nosas propostas, queremos continuar coa liña de comunicación bidireccional que reclamamos desde o principio. Consideramos a importancia de facer chegar as diferentes propostas de mellora aos sindicatos para que a súa vez, tamén cheguen ás Comisións pertinentes e se escoite a voz do persoal eventual, calada até o de agora.

Para que esta mesa sexa todo o produtiva que require, será importante que se reúna periodicamente para tratar todos os temas de relevancia, presentar cambios e valorar a realización e evolución dos mesmos.

Así mesmo temos reclamado que todas as actas das mesmas sexan públicas e transparentes para que todas e todos os profesionais estean ao tanto do que se fala e sucede nelas.

Deixar unha resposta