Non á contratación irresponsable durante a crise

Desde este colectivo, somos enormemente conscientes, que estamos a vivir unha época complicada. Debemos actuar con responsabilidade, ser pacientes e tentar lidar con esta crise sanitaria da mellor forma posible. Fomos e somos pacientes, porque non existen os suficientes  EPIS e os que temos dispoñibles debemos utilizalos con sentido común e mesmo, chegado o momento, reutilizalos e todo debido á excepcionalidade da situación. 

Pero o que NON DEBEMOS PERMITIR é que a CONTRATACIÓN IRRESPONSABLE por parte dos diferentes departamentos de Recursos Humanos do SERGAS, poña en risco,  poidendoo evitar, tanto a pacientes como a profesionais. E é que nos últimos días estamos a vivir situacións incomprensibles. 

Tan  incomprensibles como ofrecer contratos de días soltos en Unidades de Hospitalización onde se atopan casos positivos de  COVID-19 e despois continuar noutras nos que se atopan pacientes de maior risco. O que significa que ese profesional hoxe estará en contacto con contaxiados e mañá poderá estar noutra Unidade de Hospitalización calquera ou un Centro de Saúde, podendo contaxiar a calquera outro paciente que pase polas súas mans, a pesar de que por parte do profesional usese correctamente o Equipo de Protección Individual. 

É por iso que desde o noso colectivo reclamamos que en caso de realizarse contratacións para Unidades onde se atopen pacientes positivos nas probas de diagnóstico do  COVID-19, evítense ofrecer días soltos e os mesmos sexan de maior duración.

Pensemos nos nosos pacientes pero tamén nos nosos profesionais. Evitemos riscos.

“Imagen del Banc d’Imatges Infermeres. Autoría: Ariadna Creus y Àngel García”

Deixar unha resposta