Empecemos por respetarnos nós para que nos respeten

Tralas últimas declaracións vertidas por Fernández Almuiña nas que, pese as críticas, afirmaba que ian seguir coa mesma línea actual de estabilidade, só podemos dicir que nos parece unha nova falta de respecto.

Vimos sufrindo unha precariedade laboral escravizante tras os derradeiros anos do Goberno do Presidente Feijóo onde, a calidade da Sanidade e da estabilidade de emprego dos profesionais, se viu mermada considerablemente. Vénse de asumir un esforzo sobrehumano durante a crise do Covid apelando á Vocación das e dos seus profesionais, e estamos cansas e fartas.

O feito de que non se valore un cambio na política de estabilidade dos profesionais do SERGAS fainos creer que importa ben pouco a Saúde dos seus profesionais ante a posibilidade, cada día máis factible,dun novo rebrote; que por moitos aplausos, premios e cheques agasallo que vendan nesta época electoralista, a saude que está en xogo é a dos nosos doentes e a nosa.

Parece que o “conformismo” por parte do sector sanitario pesa máis que todas as protestas e denuncias feitas unha e outra vez ante o maltrato da Administración. E que parece que temos o que merecemos, unha e outra vez desde este colectivo animamos á unión do persoal para mellorar as nosas condicións e seguimos agardando.

Se cadra é hora de lembrar que somos un dos colectivos maioritarios, aínda que o sábado, en Santiago, non o parecese. Empecemos por respetarnos nós para que nos respeten.

Deixar unha resposta