Admitida a trámite a denuncia por prácticas abusivas na contratación do SERGAS

A petición entregada no mes de Decembro á vicepresidenta da Comisión de Peticións do Parlamento Europeo Tatjana Ždanoka, acaba de ser admitida a trámite.

No documento, presentado polo noso colectivo coa colaboración de Ana Miranda, Europarlamentaria do Bloque Nacionalista Galego, denunciase a precariedade laboral existente na profesión de enfermaría, consecuencia das prácticas abusivas e da contratación en fraude de Lei que leva anos exercendo o Sergas. As nosas reclamas entran así dentro dos ámbitos de actuación da Unión Europea dende onde se levará acabo unha investigación preliminar sobre as mesmas, e onde se transmitirán a Comisión de Emprego e Asuntos Sociais, considerándoas de interesese para a mesma.

A carta que confirma a admisión da denuncia, firmada pola presidenta da Comisión de Peticións, a Popular Dolors Montserrat, aínda que está pendente dos resultados da investigación preliminar, non deixa de ser unha “virada de quilla” para o servizo de recursos humanos do SERGAS.

Na comunicación tamén se fai  referencia a outras peticións previamente presentadas que denuncian casos similares onde, segundo palabras do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, son calificadas como «abusivas».  Por todo isto desde a Comisión, instaron no seu momento aos diferentes Estados membros a adoptar medidas para previr ditos abusos.

Desde o noso colectivo celebramos a nova coma un paso adiante, esperando que chegue a bo porto, e que o Servizo Galego de Saúde finalmente tome medidas que deriven cara o camiño dunha contratación máis estable que nos permita así coidar con calidade e garantías.

Deixar unha resposta