Universidade da precariedade

Hai uns días que nos espertabamos coa noticia da asociación de dous conglomerados privados, un deles un dos maiores imperios hospitalarios privados, asinando un convenio para a creación dunha “Escola Universitaria de carácter privado”, poñendo como escusa a falta de enfermeiras no noso país. 

Repetimos ata a saciedade que a solución non está en crear máis escolas se non en mellorar as condicións laborais das enfermeiras galegas para que non continúen fuxindo a outras rexións e países. De nada vale invertir diñeiro público para formar máis enfermeiras senón existen condicións laborais para retelas. O único que evidencia este tipo de asociación en plena pandemia é o negocio claro e absoluto que se estára realizar á conta da Sanidade Pública

Por este motivo e polas razóns expostas anteriormente, dende o noso colectivo rexeitamos a creación dunha escola universitaria privada para a formación de novas enfermeiras.

Se a pandemia nos deixou algo claro, é que o único camiño a seguir é fortalecer a sanidade pública e que debemos renegar de todo aquel que vexa a saúde como un negocio para aumentar os seus beneficios. Non deixemos que alteren a realidade como unha forma de negocio e creen unha inexistente necesidade a partir da nada.

Deixar unha resposta