Manifesto pola fin da precariedade na Enfermaría galega

Manifesto

É moi probable que cando leas estas liñas esteas san e non teñas que recorrer á sanidade pública galega, ou pode ser que si, que tiveras que pasar pola man dos seus profesionais. Poida que vivas ou non esas circunstancias, pero non podemos agardar a que un problema nos afecte directamente para ser sensibles á realidade que nos rodea.

Hai anos que arrastramos un problema na Enfermaría galega; vémonos sometidas a unha precariedade laboral extrema que se agrava cada día máis. O persoal eventual non temos dereito a vacacións ou a permisos por matrimonio, nin baixas por enfermidade ou embarazo. Sufrimos continuamente a mobilidade entre servizos, a concatenación de contratos durante anos, dificultades para conciliar a vida familiar e social, ameazas de penalizacións nas listas de contratacións, etc, e isto afecta directamente á atención dos doentes, porque da man da precariedade, a calidade asistencial vese mermada.

Unha situación que vivimos en Galicia arredor de dez mil enfermeiras, e que se mantén durante máis de doce anos, aínda con varias convocatorias de oposicións aprobadas, o que demostra que non se satisfacen as necesidades reais da enfermaría porque as prazas sempre son insuficientes.

Traducido á realidade, a Administración considera que é mellor ternos escravizadas e sen dereitos e así dispón de miles de profesionais formadas e non ubicadas en contratos estables, das que poden botar man a calquera hora do día ou da noite, que collerán o teléfono porque senón, non comen.

Por ese motivo o colectivo Enfermeiras Eventuais en Loita, que xurdiu a nivel autonómico, para loitar polos dereitos da profesión, quere rematar con esta situación de abuso continuo e, para iso, entende coma base das súas reivindicacións:

 

1. Loitar contra a Precariedade laboral instaurada no noso ámbito

A situación actual de inseguridade, incertidume e falla de garantías laborais, ten graves consecuencias non só para nós como traballadoras, senón tamén para as nosas familias e entorno en xeral, así como para a sociedade á que coidamos.

2. Defender a Sanidade Pública, Universal e de Calidade

Como alicerce básico e fundamental do Estado de Benestar, recoñecéndoa como a única maneira efectiva e sustentable de garantir a calidade e equidade na atención sanitaria de toda a cidadanía.

3. Avanzar no recoñecemento da Enfermaría como disciplina autónoma

Empoderándoa e apoiándoa nos seus retos presentes e futuros, enxalzando a súa labor asistencial, investigadora, docente e dotándoa dunha maior influencia nas políticas de saúde e nos postos clave da xestión.

 

A enfermaría déixase a alma coidando aos que a necesitan, pero sentímonos indefensas, porque a Administración non nos coida. Por iso buscamos o teu apoio ó Manifesto, porque a precariedade laboral non pode ser compatible con un sistema de saúde de calidade. #coidaaquentecoida

**su firma**



É por iso que coa miña firma, mostro a miña adherencia ao manifesto e apoio todas as reivindicacións do mesmo
7,217 signatures

Comparte esto con tus amigos:

   

Manifiesto PDF en castellano

La enfermería se deja el alma cuidando a los que la necesitan, pero nos sentimos indefensas, porque la Administración no nos cuida. Por eso si firmas el Manifiesto: “Por el fin de la precariedad en la Enfermería gallega” también estarás luchando por una sanidad pública de calidad y para todos

Manifesto PDF en galego

A enfermaría déixase a alma coidando aos que a necesitan, pero sentímonos indefensas, porque a Administración non nos coida. Por iso se firmas o Manifesto: “Polo fin da precariedade na Enfermaría galega” tamén estarás loitando por una sanidade pública de calidade e para todos