Datas de reunións

No día de onte, tivemos en Santiago de Compostela duas reunións que consideramos moi importantes de cara ó futuro do movemento.

A primeira hora da maña tivemos un contacto coa Valedora do Pobo para valorar as diversas accións a tomar para denunciar formalmente a situacion que vimos revelando dende fai tempo.

Pola tarde tivemos a segunda reunión do día xunto cos COE’s das catro provincias para presentarnos oficialmente, falar da situación que vive o colectivo das enfermeiras eventuais da sanidade pública galega e reclamar que dende os COE’s poidan presionar para mellorar a situación actual.

Á xuntanza, solicitada polo colectivo de Enfermeiras Eventuais en Loita, asistiron Inés López Carral (presidenta do COE de A Coruña), Lourdes Bermello López (presidenta do COE de Lugo) y Carlos Fernández Gomez (presidente do COE de Pontevedra) xuto o seu secretario Faustino Portela, así coma diferentes portavoces da organización convocante do Grupo Local de Cee, Coruña, Lugo, Monforte, Ourense, Santiago, Pontevedra, Vigo e O Salnés. Por outra parte a presidenta do COE de Ourense Ascensión Pérez Sampayo comunicou a última hora a sua ausencia debido a un imprevisto persoal.

Agradecemos a colaboración e os esforzos que realizaron todas as organizacións e en especial os COEs galegos por tomar parte destas reunións. Esperamos que este sexa un primeiro contacto de moitos máis e que sexan enormemente fructíferos para as enfermeras e polo tanto, para o doente.

Deixar unha resposta