Contrato de continuidade: Que non te enganen

Presentamos este documento realizado por un dos grupos de traballo do colectivo no que expoñemos cos datos que existen ata hoxe, a realidade do contrato de continuidade.

Todos os datos detallados neste documento están tomados dos DOG e das actas das reunións entre os sindicatos firmantes, así coma das actas de seguemento do contrato de continuidade. As diferentes preguntas e dubida que formulamos están realizadas por un simple motivo, non están detalladas nas comunicacións oficiais, polo tanto, dubidamos porque a administración sempre ten as carta gañadoras e os traballadores levamos as de perder. Pero iso non sucederá se non nos informamos debidamente.

Por outra banda no mesmo documento esgrimimos opinións persoais do colectivo que non ten que ser a opinión xeralizada do sector das enfermeiras. Entendemos que debido as circunstancias persoais, xente que podería ter unhas circunstancias particulares poida aceptar este tipo de contrato, pero o que non podemos aceptar é que este sexa o camiño a seguir pola administración e polas organizacións sindicais. A solución para arranxar a precariedade laboral non é este tipo de contratos.

“Imagen del Banc d’Imatges Infermeres. Autoría: Ariadna Creus y Àngel García”

One thought on “Contrato de continuidade: Que non te enganen

Deixar unha resposta