Basta Xa!

Dicen que a xeración de hoxe en día non sabemos  que é o esforzo, que nos conformamos con pouco e que non temos que loitar por nada xa que todo nos veu dado. Discrepo.

Escribo esto porque hoxe pola maña chorei de rabia, de crispación e desesperación e preciso compartilo e liberalo. Son enfermeira, si, una enfermeira eventual en loita.

Temos interiorizado vivir sen poder planificar NADA , vivir pendientes dun teléfono, aquí vai o relato da vida dunha enfermeira eventual:

Remato contrato o día 31 de Xaneiro. Sabes que a chegada do SERGAS logo chegará: cobertura? si; batería? si; subo tender a roupa ou mercar o pan. Esquecin o teléfono na casa! Volta, senón penalización… e así cada vez que un contrato está a piques de finalizar.

Non sabemos en que número da lista van chamando xa que en pleno século XXI non existe páxina web nin APP na que eso esté reflexado. Somos as compañeiras as que nos vamos informando.

29 de Xaneiro do 2020 ás 14:38h: Chamada a Recursos Humanos do SERGAS

  • (Chamamentos): Bos días, chámote do SERGAS, que queres acúmulo no Complexo Hospitalario ou en Atención Primaria?
  • (Enfermeira): Hospitalaria
  • (Chamamentos): Teño do 1 de Febreiro ou do 3 de Febreiro ata o 31 de Marzo ou contratos de 1 mes, cal queres?
  • (Enfermeira): Do 1 de Febreiro o 31 de Marzo – só pensar en esos 2 meses coa miña carteleira xa estou máis tranquila, sí 2 meses e son unha privilexiada!
  • (Chamamentos): moi ben, xa te chamarán para decirche a donde vas.

30 de Xaneiro do 2020 ás 8:15h: Chamada a Dirección de Enfermaría

  • (Enfermeira): Bos días! son unha enfermeira que colleu un contrato de 2 meses no COMPLEXO e quería saber a miña carteleira.
  • (Dirección de Enfermería): Un momentiño que non sei quen te leva, voute pasar con unha supervisora de área.
  • (Supervisora): Bos días! Recursos humanos todavía non nos pasou a lista da xente que colleu contrato pero en canto sepamos avisamoste e dámosche a carteleira.

30 de Xaneiro do 2020 as 13:30h:

Entro na miña oficina virtual FIDES  e comprobo que a miña carteleira de FEBREIRO xa está asignada pero a de MARZO non.

30 de Xaneiro do 2020 as 13:45: CHAMADA Á SUPERVISORA DE ÁREA

  • (Enfermeira): bos días! acabo de ver a miña carteleira asignada a febreiro pero a de marzo todavía non a teño.
  • (Supervisora): Bos días! está asignada a ese servizo entón chama o supervisor de área de ese servizo.

30 de Xaneiro do 2020 as 13:50: CHAMADA O SUPERVISOR DE ÁREA

  • (Enfermeira): bos días! acabo de ver a miña carteleira asignada a febreiro pero a de marzo todavía non a teño e como asignei 2 meses pois quere tela para organizarme e facer cómputo de xornada.
  • (Supervisor): Temos X días para asignarche a carteleira de marzo non temos porque darcha con tanta antelación.
  • (Enfermeira): Con cantos días está estipulado que debe darse a carteleira?
  • (Supervisor): non temos a obriga de darche a carteleira do mes de MARZO, temos un prazo de 15 días máximo para darcha- tras consultado con un compañeiro informame de esto.
  • (Enfermeira): Firmo 2 meses e quero a carteleira do 2 meses xa que en calquer traballo asi é? sodes conscientes do que nos facedes? non podo organizar a miña vida anque solo sexa por 2 meses?
  • (Supervisor): Tranquila, podes vir por aquí e falamos pero o que podemos facer e que che meto o turno de marzo e despois xa te informaremos a donde vas!

E así SEMPRE. Sinceramente, as bágoas volvenme os ollos por que estou farta de esta situación de que me traten como se fose un monicreque, como se non tivese vida, como se fose unha escrava.

Así é a nosa vida dia a día, semana a semana e mes a mes.

“Imagen del Banc d’Imatges Infermeres. Autoría: Ariadna Creus y Àngel García”

Deixar unha resposta