Un exercicio de responsabilidade o 12 de Marzo

Debido á alerta sanitaria causada polo coronavirus, e tendo en conta o importante peso que temos, e ás nosas funcions na contención e tratamiento da mesma, decidimos, facendo un exercicio de responsabilidade, renunciar a convocar a nosa movilización presencial e mensual do 12 de marzo.

Pese a todo, as nosas reclamacións seguen en pe e non poden evitar verse influenciadas pola proximidade das eleccións ao Parlamento Galego, convocadas para o 5 de abril.

Consideramos preciso, lembrar o percorrido realizado e solicitar da Administración un compromiso en firme, para darlle solución ás demandas iniciadas polo noso colectivo, xa que dende o comenzo puxemos o foco na problemática e as consecuencias que ten a eventualidade para doentes e profesionais.

Denunciamos a opacidade dos datos de profesionais e resaltamos que a temporalidade na sanidade galega ronda o 40% do persoal, polo que a estabilización do persoal é imprescindible para ofrecer uns coidados de calidade.

Reclamamos o aumento do ratio enfermeira/habitante por riba da media estatal debido a que as características da nosa terra, cunha poboacion envellecida e enormemente dispersa nun rural esquecido por case todos, fai que ese aumento sexa máis importante se cabe, e máis comparandoo con outras comunidades sen as nosas peculiaridades.

Todas as nosas reivindicacións implican solucións políticas, e moitas de elas son aspectos fácilmente mellorables se existe a vontade e a valentía necesaria para acometer cambios.

One thought on “Un exercicio de responsabilidade o 12 de Marzo

  1. Creo que cometedes un grave erro. Excepto que as concentracións estén decaendo.
    As portas das eleccións non se baixa o ritmo, e menos con esta psicose colectiva. Non ides atopar mellor momento para visibilizar a nosa precariedade. ¿Que pasaría se nesta crise as enfermeiras eventuais quedasen na casa?

Deixar unha resposta